Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 20 de diciembre de 2013

"Come, move, GOZA..."

Para estudar con maior facilidade e rentabilidade hai que procurar estar san e ser feliz!!
Nesta unidade didáctica integrada imos practicar hábitos saudables: Descanso, alimenación variada e equilibrada, hixiene postural, vida activa, pensamento positivo e intelixencia emocional para ter criterio propio, actitud responsable para evitar  caer na presión de grupo e facer cousas inconvenientes, comprar ou desexar ter produtos de marca imprescindibles para ser felices, para pertencer a un grupo de éxito...
“Las competencias son un conjunto de conocimientos, destrezas y actitudes que todos los individuos necesitan para su realización y desarrollo personal, inclusión y empleo, debiendo ser desarrolladas en la enseñanza obligatoria y que deberían actuar como la base para un posterior aprendizaje a lo largo de la vida

POR QUE A ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO SISTEMA EDUCATIVO?
1- Para rachar coas limitacións propias dun diseño curricular fragmentado, levando a práctica os principios de:  
- INTEGRACIÓN
- CONTEXTUALIZACIÓN E PARTICIPACIÓN
- PLURALISMO METODOLÓXICO E REFLEXIVIDADE
- TRANSPARENCIA NA EVALUACIÓN DAS APRENDIZAXES
2- Facer da aprendizaxe ao longo da vida e a MOVILIDADE UNHA REALIDADE
3- Mellorar CALIDADE E EFICIENCIA da educación e  formación
4- Promover  EQUIDADE, COHESIÓN SOCIAL E CIUDADANÍA ACTIVA
5- Estimular a CREATIVIDAD E  INNOVACIÓN, o espíritu EMPRENDEDOR , en todos os niveis da educación e a formación.

Facémonos extranxeiros para "parecer" máis competentes...?
               Sentemos envexa?  destes rapaces estranxeiros competentes bailando,                                           desinhibidos e divertidos...    ou somos quen de facelo nas nosas clases de EF?

Cremos que nós podemos facelo tamén ben!!
BAILEMOS MÁIS!!
Sente a vida no teu corpo...
Déixate levar pola música, expolara o espazo e crea movementos polo chan, a media altura, con obxectos fixos como una parede, unha escaleira... explora coa música minimalista "tintineante" de Pärt, quen dixo  da súa música que é similar a luz que pasa a través dun prisma óptico: pode ter un significado lixeramente diferente dependendo de cada ointe, creando un espectro de experiencias musicales similares ao arco da vella... cada música ten o seu aquel...

Hai algunha parella ou grupo atrevido para experimentar co "Spiegel Im Spiegel" de Pärt?
 
Unha pizquiña de DANZA CONTEMPORÁNEA pode axudarche a sacar para afora movementos orixinais teus...
   
  Aquí podedes ver como imos traballar a UDI  
 analizando cine!!

COMO PODEMOS TRABALLAR TODOS OS DEPARTAMENTOS ESTA UDI?

-      Departamentos de linguas (Galego, Castelán e Inglés), cidadanía, relixión, historia das relixións, sociais : Creación de guións para os vídeos que van facer en EF. Creacións de decálogos ou declaración de principios (exemplo o de prohibicións). Creación de visualizacións curriculares para levar a práctica con música e ollos pechados.
-      Departamento de EF: Procesos creativos de bailes e curtos de expresión, sesións de activación-relaxación.
-      Departamento de plástica: Story board ou guións gráficos.   Mascotas. Debuxos para entender mellor unha idea (ex. Pirámide alimenticia). Pintura expresiva de estados emocionais, pintar o que nos suxire unha música
-      Departamento de música: Procurar músicas expresivas que axuden a entender como se senten os protagonistas do vídeo. Música e movemento expresivo. Unha pizquiña de salsa e rock and roll.
-      Departamento de tecnoloxía: Programación dun xogo motriz para empregar co ordenador, desenvolvendo uns códigos como linguaxe de signos. Creacións de vídeos diversos.
-      Departamento de matemáticas,  ciencias: Calcular as pulsacións e respiracións por minuto. Despois de activarnos, facer completas e comprobar en que porcentaxe baixamos pulso, despois dun minuto, despois de 3, ou despois de 5. Que cenei onte? E almorcei hoxe? Gráficas calorías-movemento. Visualización guiada sobre o universo, cos ollos pechados unha viaxe no espazo sideral, polo noso contorno ou saíndonos da nosa galaxia...
Quen vai facer un vídeo onde poña bailar a todo o mundo? Un exemplo:

Quen vai face un vídeo nun rexistro cómico- gamberro? Un exemplo:


Baixa vídeos que te motiven a bailar: Aquí podes ver estilo empresario, robótico, street dance ou máis parkour style, en parellas de dous… 



"Sudafricanos bailan para despedir con dignidade a       NELSON MANDELA"
Moz@s coruñeses bailan e gozan da vida en paz e harmonía,  imitando e compartindo o                ESPÍRITU MANDELA:
 "TODO É IMPOSIBLE ATA QUE SE FAI" ...
Bailemos con el PORVENIR

BAILEMOS POLA PAZ, REIVINDIQUEMOS BAILANDO!! 
o que queremos mellorar
 
e CELEBREMOS O QUE TEMOS!! 
Os profes de EF estamos convencidos de que temos un alumnado moi competente, imos axudarvos  nas vosas creacións grupais de baile, ÁNIMO MIS VALIENTES!!

viernes, 29 de noviembre de 2013

Follow your dreams: Come to the Pirineos to ski with us


Cada día nos levantamos... y si estás MOTIVAD@, trabajar es algo agradable que haces con gusto, logrando momentos de gran satisfacción, superación y diversión!! en caso contrario será una carga insufrible, aburrido, frustrante...
Algunos dreamers nos motivamos pensando en como mejorar la situación de nuestros estudiantes para levantar el país, de los puestos que ocupamos en las evaluaciones externas internacionales...

                                      
 QUERER APRENDER A SER, a CONOCER, y a SABER HACER!! FOLLOW YOUR DREAMS...

Tener sed por aprender es unha chulada y ESQUIAR ES MUY EMOCIONANTE!!


El departamento de EF te proporciona la oportunidad de realizar actividades en la naturaleza chulisimas  para que te motives... Pero hay familias que no disponen del dinero suficiente como para hacer frente a estos gastos para actividades deportivas formativas. El instituto debería ofrecer la posibilidad y el estimulo, dar facilidades al alumnado para que realice proyectos y pueda financiarse el viaje o contribuir a ello.

En estas últimas décadas hay cada vez hay más adolescentes con escasa motivación,  inatentos o con dificultades para centrarse y mantener la atención. 

Porque este modelo educativo es conceptual, competitivo, insolidario, porque la función del profesor y del alumno no resulta interesante, ni tiene interés o valor las tareas que hacen en clase,  y los deberes empeoran esta percepción: aprender es aburridisimo... 

En EF no queremos enseñar como hace 20 años, porque no tiene nada que ver la sociedad ni los individuos que la formamos. Los profesores desarrollamos nuestra competencia de aprender a aprender a lo largo de toda nuestra vida, para estar actualizad@s, para afrontar con éxito el reto de 
MOTIVAR A NUESTRO ALUMNADO!! 
Analiza las prácticas de EF, son variadas para que te conozcas mejor en todo tipo de situaciones, relacionamos contenidos, te hacemos preguntas de pensar, deducir, interpretar... para que tengas tu propio criterio a cerca de lo que te conviene, y que tienes que mejorar y por qué, puedes tener iniciativa, hacer propuestas, tienes la posibilidad de asumir procesos creativos integradores...
 A pesar de que el sistema educativo no ayuda, las reformas miran hacia atrás... tenemos la responsabilidad de que aprendáis de la mejor manera posible, CON GUSTO!!

Si vas a venir a esquiar, VETE PREPARÁNDOTE!! Aquí tienes todo lo que necesitas para ir motivándote!!
                     FOLLOW YOUR DREAMS AND SEIZE THE OPPORTUNITIES!!
Es estupendo querer aprender por gusto!! Sentirse libre, con energía, con entusiasmo por lo que hacemos!!
Los Pirineos nevados, Jaca...  van a encantarte, recupera el sentido de APRENDER= DISFRUTAR
Lendas e historias de Jaca, Pirineos...

viernes, 15 de noviembre de 2013

RELAXACIÓN vivencial nas aulas? Siii


 Xa o dicía o filósofo chino Confucio, V séculos a.C...
Sexamos realistas, PIDAMOS O IMPOSIBLE!
E nós non podemos seguir esperando un cambio de sistema educativo que veña dende arriba. Temos que facer un cambio dende dentro, dende as nosas aulas, ou agora ou cando se non?. A crise social e de valores que padecemos, debería darnos coraxe para loitar, para actualizar e darlle sentido as nosas prácticas docentes. O profesorado temos influencia sobre os nosos alumnos, nas ditaduras aproveitouse para facer dogmatismos e adoutrinamentos. NUNCA MÁIS!!  Ou AÍNDA MÁIS??

Un novo modelo educativo debe darlle valor a INTELIXENCIA EMOCIONAL o pensamento positivo, a corporalidade, a expresión en público, ao traballo en equipo, a creatividade, as novas tecnoloxías, a implicación do alumnado dende o xuizo crítico e a toma de decisións.  A que estamos esperando?

Un grupo de profesorado de Zalaeta recibimos formación en técnicas de activación-relaxación- centramento e benestar,  vivenciándoas . E dende a satisfacción e o BENESTAR PERSOAL, cremos que darían un bo resultado aplicándoas nas aulas, todo o profesorado dun xeito convencido e conxunto.

Sexamos innovadores, cunha actitude de apertura, e experimentación destemida. Vivamos o noso corpo físico, mental e emocional en harmonía, conectados co noso centro de poder, abríndonos a novas experiencias na aula. SEXAMOS DONOS DAS NOSAS CLASES!, tomémonos a liberdade de saír do libro de texto e a transmisión de conceptos teóricos, polo menos nuns minutos cada día. 

Vivenciémos nas aulas situacións con vidilla, que conecten ao alumnado coa súa realidade: coas súas emocións ou enerxía vital, co seu corpo e a súa mente.
“ Así como el agua que mana de una fuente llena las vasijas de acuerdo con la forma y capacidad de cada una de ellas, así también las enseñanzas espirituales no proporcionan sino la parte que cada cual es capaz de recibir con forme al grado de su evolución. A cada cual se la da según sus necesidades y recibe en relación a su estado de evolución.” (Bhagavad Guita*). Neste diálogo entre discípulo e maestro poden entreverse os principios subiacentes do proceso ensino-aprendixaxe. 
As veces pedimos ao noso alumnado que faga cousas para as que aínda non está preparad@, e algúns séntense desbordad@s... Primeiro teremos que baleirar os recipientes de augas estancadas e podres, e ir enchendo en función do que cada un é capaz de almacenar... 
(* Episodio da epopeia hindú Mahabarata, onde se recollen as ensinanzas e a mensaxe do maestro. A súa filosofía contén o primordial das doctrinas hinduistas e as máis elevadas formas do pensamento.)

POR QUE AS TÉCNICAS DE RELAXACIÓN VIVENCIAL NA AULA PODEN AXUDARNOS?
                   
Que é o que causa estrés no alumnado e profesorado de 1º B? 

Publish at Calameo or read more publications.

Que pode aportar a práctica de Ioga aos adolescentes?
Coñecemos a profesionais que traballen ben neste ámbito:

Publish at Calameo or read more publications.
Xogos para facer nas titorías ou en clases de Educación Física

jueves, 31 de octubre de 2013

Dando UNHA LECCIÓN de ...

Esforzo colectivo dendo o optimismo, a alegría e a creatividade:
Tiremos para adiante como galeg@s!!. Desta crise sairemos querendo e crendo nun cambio de modelo educativo, válido para as próximas décadas do S.XXI

O reto: "Imos grabar a cada grupo e tedes que crear unha pequena coreografía, empregando o material que precisedes, tratando de lucir as habilidades ximnásticas traballadas: EQUILIBRIOS, SALTOS E XIROS. Intentando saírnos do convencional, dándolle unha voltiña as posibilidades do material; e ao miolo con pensamento alternativo. Are you ready?..."

E os peques déronos aos maiores UNHA LECCIÓN :
En 45´ foron quen de agruparse, facer as distintas partes do quecemento, elixir o material e distribuilo ao seu gusto escénico, e interactuando dun xeito libre, responsable, respectuoso, comprometido, integrador e creativo!! 

Estes nen@s saben asumir un reto, compartir, non deixar ao marxe a ninguén, aceptar as súas limitacións e ver as súas posibilidades, xestionar os éxitos e os fracasos, solventar os problemas que xorden... Foi un placer velos traballar en equipo con iniciativa e valentía. Parabén a tod@s polo voso traballo!! A totalidade dos grupos superaron os mínimos esixidos e o ambiente  foi moi agradable e enriquecedor. MOI BEN, ASÍ SE FAI!! Os titores de 1º temos motivos para sentirnos moi agraciados.



Formar parte dun grupo É: saber sumarse, unirse, non quedarse ao marxe,  integrarse,  falarnos mirándonos aos ollos, sorrir, aceptar aos demais, empatizar, tratar con afecto, cooperar, comprender, valorar, unir forzas e talentos, emprender accións con iniciativa, ser positivo, crer na forza da unión...

NON É: estar na clase, na vida real  ou no mundo mundial mal encarado, criticando, botando as culpas aos demais,  interrumpindo,  molestando, tratando aos compañeir@s a empurróns, zancadillas, mandando, gritando, pinchando aos demais, desprezando, ignorando, ríndose dos demais, acaparando a atención, non sabendo compartir, a solución aos problemas non é enfadarse, marcharse, aislarse, chulearse...

Agora que chegaron as choivas, e por se queres seguir esta conversa "entre avoas nunha perruquería",     non ten desperdicio...


E por se queredes escoitar que é o que move a unha muller galega a pintarse o pelo de verde e e ir onde a levan os seus soños, facendo falar unha gaita,  loitando, medrando, agradecendo... 

viernes, 4 de octubre de 2013

Are you ready? Steady! GO!!

FRAN WELLCOME TO ZALAETA!! You are going to feel good... As the new pupils of ESO!

                              

O profesorado vemos o que hai, e o alumnado que temos en cada grupo. Programamos, ensinamos, avaliamos e poñemos as notas. Pero, tamén vemos as súas competencias e a fase evolutiva na que está cada alumn@, e intuimos a persoa que podería chegar a ser, ou na que se podería convertir algún día...
Que tipo de persoas buscamos?
Por que antes eras dunha familia humilde, estudiabas e titulabas nunha carreira e xa tiñas asegurado o acceso ao traballo e teu benestar. Agora non é así, non chega unha titulación, ademais tes que ter experiencia e:
- Coñecementos avanzados en informática e redes sociais-marketing
- Coñecementos avanzados en polo menos inglés
- Ter habilidades sociais, saber falar en público e traballar en equipo
- Ter iniciativa e capacidade de xestión e organización
- Ter afecións que che permitan no tempo de ocio manterte con saúde e vitalidade

                       Que aporta a EF na formación da persoa?
Antes a ximnasia cunhas prácticas de corte militar, servía para fortalecer o corpo e afianzar o espíritu nacional. A avaliación tradicional nese momento estaba moi ben, era un acerto.
Agora chámase EF e podes nas clases mellorar as túas capacidades de expresión, hábitos saudables, traballar en equipo en procesos creativos, ter experiencias deportivas diversas...
QUEN DI QUE A EF NON É FORMATIVA E UTILITARIA?
Nós estamos intentando facer unha EF do S.XXI, e aprendendo a facer UD por competencias.

martes, 17 de septiembre de 2013

Extra, extra, actividades EXTRA escolares!!

@s fill@s non deberían ser castigados sen  actividade física e  deporte.
Castigaríades a un fillo que saque malas notas sen comer verdura e froita?
Claro que non, pois do mesmo modo, facer exercicio é moi nutritivo e imprescindible para a súa saúde, equilibrio persoal e socialización!
O corpo non pode quedar parado durante o curso. É unha opinión que compartimos todo o profesorado, os nes@s precisan moverse, socializarse e sentirse felices.
E a ti que che pide o corpo? Vas facer VOLEI, ESGRIMA,IOGA, DANZA, ou PARKOUR   Queredes recordar por que parkour?
Podedes facelo neste vídeo tan chulo de momentazos en clase de EF. Este ano comeza como actividade extraescolar XOVES de 16:00 a 18:00. Queredes vir probar?


Aquí podedes ver de que imos propoñendo Ioga. Cada vez hai máis nen@s con dificultade para concentrarse, relaxarse, aceptarse, quererse...

E aquí como despois de estar 8 horas sentadas, é moi necesario mover o cú, bailando, liberando, creando, socializando, gozando e aprendendo técnicas básicas de expresión e DANZA. Queredes probalo, Andrea estará encantada de enseñarvos.

Andrea pode axudarnos a RECICLAR IDEAS...  bailar creando, compartindo, divertindo, educando,
 imos  mover o cú?

lunes, 2 de septiembre de 2013

SI TI, SORRÍ!!

AXUDÉMONOS!! 
Vaia verán;  vimos cargados de enerxía solar, comecemos ben un novo curso!!
 Entre tod@s con boa cara e boa disposición faremos as cousas mellor.

Ánimo e alegría tamén para traballar. No "mundo mundial" sobra a mala uva, egoismo, insolidaridade, prepotencia,  envidia, soberbia e competitividade pura e dura para beneficio propio, sobra o engaño...

Nas aulas imos na procura do beneficio colectivo, o benestar, a axuda, o traballo en equipo dende a confianza mútua, a sensación de estar dispoñible para apoiar e enriquecer aos demais. 
 Fagamos un insti mellor, nun mellor mundo.
MÁIS EMPATÍA E SIMPATÍA!!
 Facendo unha cadea humana de axudas e sorrisas 
 temos unha forza inmensa!! Está ao noso alcance...
Chegan os novos peques a Zalaeta, imos acollelos como nen@s pequenos que son,  podemos axudalos a medrar. Traballemos con ganas, adultos e pequenos, e sorrindo, para acadar un benestar na vida do insituto.
HAI QUE FACERSE ADULTO PARA 
COMPREDELO TODO?
Ser feliz e gozar da vida é unha capacidade exclusiva dos pequenos e do verán?  
Non sexamos borregos... e superemos prexuizos,

AXUDÉMOSLLES!! 


Non asustemos aos cativos de 12 anos decíndolles que ao chegar a ESO deixen de ser pequenos de repente, que xa teñen idade para traballar en serio. Tamén podemos traballar por unha escola onde a creatividade, a fantasía e a felicidade non queden fora!! 
SE NON, NON VAN QUERER MEDRAR
 E PARECERSE A NÓS...ja,ja

viernes, 26 de julio de 2013

ALOHA!!, YOUR WAVE IS WATING!!

ADICADO A TODAS AS MULLERES DESTEMIDAS, de todas as edades, que este verán van NA PROCURA DO SEU POWER WAVE!!!!
Moitos homes e algunhas mulleres nun body, nunha táboa de surf, paddel surf, ou kayak remando subimos ao pico, e experimentamos a gloriosa sensación de atopar o control físico e emocional, ante unha onda que escoitas as túas costas rachando con ese son tan característico a espumoso e excitante.
Ser quen de manter o equilibrio empurrada por unha onda, a túa onda!! 
É un enorme subidón sentirte elevada deslizándote conectada as forzas da natureza!!!
Nese momento podes crer que eres unha deusa dos mares... 
Este é un video chulísimo de mulleres que fixeron do surf a súa forma de vida. 
Pero, tod@s!!  na Coruña podemos gozar co poderío das ondas!!
O meu nivel é moi primitivo, porque na miña época, no paleolítico, as mulleres non facíamos surf en Galicia... pero todo pode andarse, tamén sobre as augas...
Porque sexamos cada vez máis mulleres subidas ao power wave, tamén en Galicia!!  


HOW TO BEGIN IN WAVES ON SUP? (STAND UP PADDLE)
Move arround of it,  Pivot turns...

Try it, you will have a great fun!!
 YOUR WAVE IS WAITNG!! ALOHA!!

jueves, 13 de junio de 2013

Brinca por enriba do lume de San Xoan...

E GOZA DO VERÁN!!
Vai chegar o fín de ano!!... académico, IMOS BRINCAR O LUME (fogueira, cachela, lumeirada...) por que ten moitas virtudes e alonxa maleficios...  os máxicos poderes do lume, a auga, máis as herbiñas aromáticas expostas ao  orballo, van facer que se cumplan os teus desexos... "Alegre, menina, vaite lavar, antes de que o sol a rayar"
 "Os rapaces facían os montóns diante das portas con garabullos, toxos e loureiros, para escomenza-la troula, brincando por enriba da fogueira, un detrás dóutro..." "Por ser noite de San Xoán, noite de encantos e bruxas, por ser noite de San Xoan, téñoche medo Maruxa" E para escorrentar medos, saltaban un número impar:
"Brinco por riba do lume de San Xoán para que NON ME TRABE NIN COBRA NIN CAN."
Agora, os medos son outros... polo que engadiremos  "NIN CANTOS MALES HAN"...
 Os riscos dos moz@s hoxe en día: Sedentarismo, Tabaquismo, Alcoholismo...

EN VERÁN VAI DE BRINCADEIRA,  GOZA!!!
E dende o corazón, e con cabeciña
FAI O QUE CHE PIDA O CORPO!!!
O verán é para gozalo, non te apalanques...  QUE DEPORTE VAI FACERTE FELIZ??
 xa estás nalgunha movida??
Programa do Concello:_Verano_2013,  QUE CHE APROVÉITE!!

miércoles, 5 de junio de 2013

TRISKEL ULTIMATE, come on!!

Rafa and Jamie invite you to play beach ultimate in Riazor. They came to Zalaeta to teach the sport they love: Frisbee ultimate. This is a mixed sport, very intense with spectaculars throws and jumps.
Summer and beach are close, come on!! Let´s go "Beach boys" and girls...  Round, round, get around, I get around...Yeah!! The frisbee is getting around too!!
En Galicia hay 2 equipos en competiciones, el Xabarín de Santiago, y Polbo de Coruña.  Ahora Rafa,  Yane y Jamie están dándole forma a este proyecto TRISKEL, un nuevo equipo con una clara filosofía...y vamos creciendo!! JUEVES 19:30, DOMINGOS 18:00 en Riazor, cerca del Playa Club.

Triskel es un símbolo formado por 3 espirales. Segun la cultura céltica el triskel representa EVOLUCIÓN Y CRECIMIENTO!! A través de tres ideas asociadas con un significado de equilibrio; el ser humano integrado en el universo...
Cuerpo- Mente- Emociones
Fuerza- Sabiduría- Amor
Infancia- Madurez- Vejez
Pasado- Presente- Futuro
Alba- Mediodía- Puesta de Sol
Tierra- Mar- Aire...
Divulgar este deporte significa fomentar SALUD FÍSICA, MENTAL Y ESPIRITUAL: Cada jugador es honesto y responsable de  sus acciones, no necesita un árbitro para regular su comportamiento.


En este Hat o encuentro deportivo, festivo, amigable,  puedes ver el ambiente que rodea estos eventos. Se llama hat porque los participantes introducen su nombre en un sombrero y los van sacando al azar para formar equipos.



   
If you want improve your ULTIMATE and your english...!!



miércoles, 1 de mayo de 2013

Facendo RAFTING e moitas risas...

Naturalmente deixándonos levar polos sons, cores, texturas... e polo río Ulla abaixo...
Facer rafting é excitante e altamente aditivo; tod@s queríamos máis!!

E baixo a carballeira do Convento de Herbón, fixemos un percorrido lúdico polo romanticismo. Dende os románticos locales; o trovador Macías (S.XV) e Rosalía (S.XIX), ata chegar ao S.XXI  da man das nosas parelliñas. Analizando os seus amorosos comportamentos...
Sentímonos libres, crendo e creando situacións para aprender xogando!!

lunes, 22 de abril de 2013

Escalando tocamos o ceo!!

Este Sábado fomos de andaina pola nosa selva galega: As Fragas do Eume, con tempo libre para xogos e risas, para pechar os ollos en silencio e conectar coa enerxía vital do despertar da natureza.
Hai primavera!! na alma destes moz@s galegos; porque coñecen, valoran, preservan e gozan do noso patrimonio natural e cultural.
A guinda deste rico pastel foi a ESCALADA!!   FOI UNHA AUTÉNTICA GOZADA!!
Aquí tedes un anaquiño do que foi un día cheo de complicidade, de saciar curiosidades e de loitar por conseguir retos personais.  Na foto Mariquiña axudando a Ana a sentirse segura e con ánimo para chegar máis arriba

Da man de Mariquiña e Félix poderás achegarte ao universo da montaña.

Queres acompañar a FÉLIX nestas AVENTURAS? Podes velo no programa "Viaje vertical" de V televisión este capítulo é "Escalada en Galicia"
" La magia del desierto" Las arenas del desierto son el escenario de esta nueva entrega. El equipo del programa se desplaza a dos países con dos estilos de escalada muy diferentes: Jordania y Marruecos. Álex mostrará cómo se afronta la escalada psicológica en la arenisca del Wadi Dum, mientras que Félix encara las altas paredes del Thagia.
Ou no programa de "Al filo de lo imposible", aquí tes o capítulo de "Makalu, la conquista del Oeste". Expedición del Grupo Militar de Montaña a una de las peores vías de escalada en el Himalaya.
Esta vez o reto comezaba na India...
Agora está preparando unha expedición ao K-2...







sábado, 9 de marzo de 2013

"La culpa fue del chachachá..."

Desexando que "ENTRE OLES, OVACIONES Y  ACLAMACIONES DE SATISFACCIÓN"  bailar en parella o chachachá e o merengue, vos fixera máis caraduras!
Neste inFORMATIVO a Miguel non se lle ocorre mellor idea que facer de Pamela unha parva. A gravación foi realizada no 8 de Maio; día da muller traballadora... non parece políticamente correcto facer unhas risas deste tópico. E por se fora pouco, nas tomas falsas, mirade como lle deixa un ollo... 

Polo que confiamos en que todo ser do xénero humano que vexa isto, comprenda que houbo, hai e haberá, moita muller lista, sensible e por suposto BOA TRABALLADORA en calquer ámbito. Ao igual que tamén, cada vez haberá máis homes sensibles e intelixentes, que valoren traballar cunha muller codo con codo en todos os ámbitos, incluídos os domésticos. REIVINDÍCATE!!

   Hai quen para  bailar, ven a clase cun talento incorporado fora de serie, mirade a Dailin...

Hai quen está máis dotado para a expresión. Foi unha gozada ver como progresaban con Nacho.


Máis proxectos, porque, o que son resultados...ja,ja
E non están tod@s os que son...
Pero, intentaremos ir a máis e a mellor... oles y ovaciones para tod@s!!