Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 20 de diciembre de 2013

"Come, move, GOZA..."

Para estudar con maior facilidade e rentabilidade hai que procurar estar san e ser feliz!!
Nesta unidade didáctica integrada imos practicar hábitos saudables: Descanso, alimenación variada e equilibrada, hixiene postural, vida activa, pensamento positivo e intelixencia emocional para ter criterio propio, actitud responsable para evitar  caer na presión de grupo e facer cousas inconvenientes, comprar ou desexar ter produtos de marca imprescindibles para ser felices, para pertencer a un grupo de éxito...
“Las competencias son un conjunto de conocimientos, destrezas y actitudes que todos los individuos necesitan para su realización y desarrollo personal, inclusión y empleo, debiendo ser desarrolladas en la enseñanza obligatoria y que deberían actuar como la base para un posterior aprendizaje a lo largo de la vida

POR QUE A ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO SISTEMA EDUCATIVO?
1- Para rachar coas limitacións propias dun diseño curricular fragmentado, levando a práctica os principios de:  
- INTEGRACIÓN
- CONTEXTUALIZACIÓN E PARTICIPACIÓN
- PLURALISMO METODOLÓXICO E REFLEXIVIDADE
- TRANSPARENCIA NA EVALUACIÓN DAS APRENDIZAXES
2- Facer da aprendizaxe ao longo da vida e a MOVILIDADE UNHA REALIDADE
3- Mellorar CALIDADE E EFICIENCIA da educación e  formación
4- Promover  EQUIDADE, COHESIÓN SOCIAL E CIUDADANÍA ACTIVA
5- Estimular a CREATIVIDAD E  INNOVACIÓN, o espíritu EMPRENDEDOR , en todos os niveis da educación e a formación.

Facémonos extranxeiros para "parecer" máis competentes...?
               Sentemos envexa?  destes rapaces estranxeiros competentes bailando,                                           desinhibidos e divertidos...    ou somos quen de facelo nas nosas clases de EF?

Cremos que nós podemos facelo tamén ben!!
BAILEMOS MÁIS!!
Sente a vida no teu corpo...
Déixate levar pola música, expolara o espazo e crea movementos polo chan, a media altura, con obxectos fixos como una parede, unha escaleira... explora coa música minimalista "tintineante" de Pärt, quen dixo  da súa música que é similar a luz que pasa a través dun prisma óptico: pode ter un significado lixeramente diferente dependendo de cada ointe, creando un espectro de experiencias musicales similares ao arco da vella... cada música ten o seu aquel...

Hai algunha parella ou grupo atrevido para experimentar co "Spiegel Im Spiegel" de Pärt?
 
Unha pizquiña de DANZA CONTEMPORÁNEA pode axudarche a sacar para afora movementos orixinais teus...
   
  Aquí podedes ver como imos traballar a UDI  
 analizando cine!!

COMO PODEMOS TRABALLAR TODOS OS DEPARTAMENTOS ESTA UDI?

-      Departamentos de linguas (Galego, Castelán e Inglés), cidadanía, relixión, historia das relixións, sociais : Creación de guións para os vídeos que van facer en EF. Creacións de decálogos ou declaración de principios (exemplo o de prohibicións). Creación de visualizacións curriculares para levar a práctica con música e ollos pechados.
-      Departamento de EF: Procesos creativos de bailes e curtos de expresión, sesións de activación-relaxación.
-      Departamento de plástica: Story board ou guións gráficos.   Mascotas. Debuxos para entender mellor unha idea (ex. Pirámide alimenticia). Pintura expresiva de estados emocionais, pintar o que nos suxire unha música
-      Departamento de música: Procurar músicas expresivas que axuden a entender como se senten os protagonistas do vídeo. Música e movemento expresivo. Unha pizquiña de salsa e rock and roll.
-      Departamento de tecnoloxía: Programación dun xogo motriz para empregar co ordenador, desenvolvendo uns códigos como linguaxe de signos. Creacións de vídeos diversos.
-      Departamento de matemáticas,  ciencias: Calcular as pulsacións e respiracións por minuto. Despois de activarnos, facer completas e comprobar en que porcentaxe baixamos pulso, despois dun minuto, despois de 3, ou despois de 5. Que cenei onte? E almorcei hoxe? Gráficas calorías-movemento. Visualización guiada sobre o universo, cos ollos pechados unha viaxe no espazo sideral, polo noso contorno ou saíndonos da nosa galaxia...
Quen vai facer un vídeo onde poña bailar a todo o mundo? Un exemplo:

Quen vai face un vídeo nun rexistro cómico- gamberro? Un exemplo:


Baixa vídeos que te motiven a bailar: Aquí podes ver estilo empresario, robótico, street dance ou máis parkour style, en parellas de dous… 



"Sudafricanos bailan para despedir con dignidade a       NELSON MANDELA"
Moz@s coruñeses bailan e gozan da vida en paz e harmonía,  imitando e compartindo o                ESPÍRITU MANDELA:
 "TODO É IMPOSIBLE ATA QUE SE FAI" ...
Bailemos con el PORVENIR

BAILEMOS POLA PAZ, REIVINDIQUEMOS BAILANDO!! 
o que queremos mellorar
 
e CELEBREMOS O QUE TEMOS!! 
Os profes de EF estamos convencidos de que temos un alumnado moi competente, imos axudarvos  nas vosas creacións grupais de baile, ÁNIMO MIS VALIENTES!!