Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

viernes, 19 de diciembre de 2014

a LUZ do SOLsticio de inverno indo a máis cada día...

Renovemos pouco a pouco, un ano máis, 
SOÑOS e forzas para facelos realidade...


 Sexamos mellores,  superémonos e comprometámonos cun mellor mundo... 

Carta dunha nena aos reis que molan, aos magos...


O departamento de EF séntese enormemente feliz, un pai anónimo ou rei mago, fíxonos chegar unha proposta solidaria: 
"Quero financiar unha viaxe a neve a un nen@ que o mereza..."  veu como o seu fill@ esforzábase por conseguir mellorar o seu comportamento con tal fin...

Isto debería ser o xerme, ou comezo dunha cadea de solidaridade, no 2015 gustaríanos poñer ao alcance de máis nen@s a posibilidade de ilusionarse para intentar conseguir, unha distinción ou recoñecemento ao seu mérito. Buscamos  alumn@s que queran superarse como persoas, e como estudiantes. Exemplares por ter un bo comportamento individual e colectivo no grupo ao que pertencen.

Que a luz do nadal nos faga máis bos a tod@s,
 non só nestas datas, se non  ao longo de todo o curso. 



sábado, 13 de diciembre de 2014

Isto é RITMO, atréveste?

Bailaríns profesionais do CCG (Centro coreográfico Galego)
 virán ao noso instituto o Mércores 17 de Decembro do 2014 as 10:30´. 
Van colaborar con nós coa intención de sensibilizar ao alumnado para que aumente o seu interese e valoración da DANZA

Nós cremos que a creación artística dende a palabra, a imaxe, a idea ata chegar ao movemento é un medio ideal para educar no ámbito escolar as competencias clave no desenvolvemento integral do alumn@. 

Inxustamente a danza en España ten unha consideración de arte menor... o teatro ten maior relevancia porque está asociado a esixencia do intelecto, sen embargo a danza máis asociada a esixencia do corpo, aínda hoxe, ten que soportar moito prexuizo...


CORPOS E MENTES ATRAPADOS POLAS EMOCIÓNS, 
POR UNHA ENERXÍA VITAL EXPLOSIVA... dándoo todo en cada actuación...
Moito ensaio, moito traballo corporal, mental e emocional,
 moita entrega...

POR QUE QUEREMOS DANZA DENTRO DAS NOSAS VIDAS? Porque danzar é sentir polo corpo, é ter a mente aberta, imaxinar, deixarse levar pola música, pola maxia das emocións ou linguaxe univerSAL... 

Isadora Duncan dicía “No, no puedo explicarte la danza; si pudiera decirte lo que quiere decir, no habría ninguna razón para bailarla”. E Martha Graham dicía que non se baila cos pés, se non coa alma...

QUE É A DANZA PARA TI? Vívea e logo intenta explicala con palabras, cores, imaxes... Danza!, aparca os prexuizos e medos ao ridículo, déixate envolver pola música, date a oportunidade de liberar o corpo bailando, de descubrirte, de gustarte, de quererte. Porque se gozas bailando vas ser máis ti mesmo, máis fermoso e poderos@!!

DOCUMENTAL PARA DAR QUE SENTIR, BAILAR E PENSAR...
 ISTO É RITMO, ATRÉVESTE?
Como a danza cambiou a vida a mellor dalgúns moz@s de institutos de Alemania:
"TODOS TENEMOS SUEÑOS, PERO SOLO LA MITAD CONSEGUIRÁ HACERLOS REALIDAD..."


Imaxinas que o CCG precisase talentos de Zalaeta??
A esta bailarina profesional dixéronlle de pequena que
 non valía para bailar...


Aproveitemos esta sesión cos bailaríns profesionais do CCG e
APLAUDAMOS O SEU TRABALLO!!

Dúas  "DRAMATIZACIÓNS CURRICULARES" que poderían servir de exemplos... A EXPRESIÓN É UN MEDIO INcreible para educar creando,
 crendo no que se fai...

Non sabemos por cantos DRACMAS financiou a biblioteca, o encargo feito polo seu director. A como iba a xornada dos homes a cabalo? Ó que si sabemos coa tecnoloxía actual que a terra mide 39942Km. Como foi posible que Eratóstenes da quela concluíse cun marxe de error tan pequeno 39.370 kms, calculado en estadios... COMO FOI POSIBLE? Pois cunha cabeza moi sesuda e cun espíritu enorme de curiosidade!!  

Se con ERATÓSTENES descubrimos como medir a terra... con CUNQUEIRO celebramos estar viv@s 
gozando de que  a terra é redonda...!!


Bailando ARRASAMOS...!!ja,ja



BO NADAL, BOS SOÑOS!! E DANCIG, OF COURSE...