Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 24 de mayo de 2015

HÁBITOS SAUDABLES: Deporte ESCOLAR na natureza!!

"- É que na vida hai dúas lóxicas. A que vén nos manuais e a outra, a da vida. E como non me entendía expliqueillo mellor.
-Si, dúas. Exactamente o mesmo acontece na xeometría. Existe a circunferencia euclidiana, ríxida, medida, feita con compás. E existe a lúdica, a que trazamos no chan co pé, co dedo índice ou co pico da buxaina." (Miguel Torga: Diarios) ou cun pau na praia...


Como non nos explicamos ben, a maioría dos profesores non entenderon a asignatura de LIBRE configuaración que propón o departamento de EF para que os nen@s podan ir xogar a praia. E imos explicalo mellor para poder seguir facendo realiadade os soños dos nen@s.

Na vida hai dúas lóxicas. Si, dúas, exactamente o mesmo acontece no ensino. Existen os contidos dos curríCULOS oficiais. E existe a realidade dos nen@s , que é algo máis real, práctica, e lúdica. O noso proxecto é incómodo porque  recórdanos que nin ó que ensinamos, nin como o ensinamos é unha chulada.  Esta proposta de asignatura de LIBRE configuración é innovadora, rompedora, disruptiva e queredora. É algo que queren ter a posibilidade de elixir os rapaces!!

Se en EF estivéramos ensinando como fai 20 anos atrás, deberíamos mirar de cambiar, é o que estamos intentado facer: ensinar mellor EF intentado incidir nos hábitos saudables perdurables. E se esta atropellada e non consensuada LOMCE permite que cremos e creamos nalgo novo deixade que intentemos mellorarnos, por favor.

Por que nos equivocamos se non incluimos no PEC (Proxecto educativo de centro) como relevante e prioritario as prácticas en hábitos saudables para fomentar unha educación actual de calidade por competencias e unha cultura do ocio?
Logo non nos queixemos de que non descansan, non almorzan, están estresad@s e toman moitas manzanillas... Nós si que podemos facer algo polo benestar social no noso instituto!!

¿La alimentación o la nutrición deberían ser tan importantes como las matemáticas o la literatura en el currículum escolar? ¿Por qué? ¿Te parece bien la prohibición de vender refrescos, snacks, dulces y comida basura en las escuelas? O educamos para un consumo responsable? ¿Ofertamos también productos saludables?...

De momento non temos a posibilidade de poder comprar froita, nin enteira nin troceada na cafetería do centro, e nunha charla cun pai médico, onde estaba o director, responsable da cafetería, profes e pais, pedimos por favor que axudemos entre todos a cambiar hábitos nocivos para a saúde!! GRAZAS RAMÓN!!

http://blogs.elpais.com/el-comidista/2015/04/entrevista-jamie-oliver-food-revolution-day.html

O outro día fomos xogar e bañarnos no Orzán, e seguiremos divulgando unha cultura do ocio, ou acabaremos como Susanita...ja,ja

MÁIS ORALIDADE E CORPORALIDADE
EN ZALAETA!! 




lunes, 4 de mayo de 2015

VOLEI BOOM!!


POR QUE VOLEI PRAIA EN ZALAETA?
A idea é fomentar unha cultura do ocio ou hábitos saudables perdurables!! Aproveitando o privilexiado entorno natural próximo, temos a praia a tiro de pedra.  Comezamos cun torneo recreos de Volei 3X3, organizado por Iria, Martas e Lucía.  Podemos facer do volei praia un deporte para tod@s, moi integrador e chulo.  Por que abandonan as nenas o volei en 3º da ESO?

O profesorado de EF, no marco da lomce (Lei orgánica de MEJORA DE LA CALIDAD EDUCATIVA???) 
Solicitamos unha nova asignatura de libre configuración: HÁBITOS SAUDABLES. 

Ampliando a oferta de EF, cunha hora semanal máis de mover o cú en 1º e 2º. O alumnado seguirá iniciándose nunha gran variedade de actividades fisico-deportivas e artístico-expresivas nas sesión de EF como ata agora. Pero ademais en 1º o alumn@ realizaría unha hora semanal de deporte dentro do horario escolar, para afianzar hábitos saudables. Responsabilizarse da saúde é ter en conta descanso, alimentación, actividade física, autoestima, socialización e esforzo pola superación persoal. 

Neste instituto hai un referente deportivo: o Club Voleibol Zalaeta, polo que sería moi interesante esa transmisión de gusto pola práctica de volei, do club a todo o alumnado do instituto, fomentando esa relación facilitadora queremos prantexar o volei praia, como deporte recreativo en 1º da ESO. 

Potenciaríamos a elaboración de vídeos de funtamentos técnico-tácticos de voleibol, seguiríamos cos torneos nos recreos, festas deportivas, e unha xuntanza de volei praia a final de curso. Vídeo coas ideas clave de como mellorar as habilidades do xogo:



CONCEPTOS de VOLEI PRAIA: Breve reseña histórica, evolución, versión recreativa. Regulamento. 
O xogo do volei foi creado en 1895 polo director físico da YMCA, en Massachusetts USA. Morgan  buscaba un xogo colectivo, sinxelo e diferente para xogar no ximnasio ou en campo aberto. E tomou a idea da rede do tenis, elevándoa e xogando cun balón unha especie de balonmán. Fixéronse campeonatos entre universidades, ao principio chamóuno mintonette e podíán xogalo moitos xogadores, non había sets comoa agora...  Pouco a pouco foi extendéndose e evolucionando. A España  o balónvolea, chegou no 1920 e comezou a xogarse nas praias catalanas. Non houbo federacíón de volei ata 1959, antes foi unha sección doutras federacións. 

A pesar da dificultade de determinar onde xurdíu o volei playa, máis que unha corrente tardía foi unha variente natural do xogo inicial. Actualmente a difusión do volei praia é enorme nos países con costa, en países onde a climatoloxía é propicia o ano enteiro ou onde apenas dura tres meses.

Comezou na década dos 80 a chamar a atención dos medios de comunicación en USA, servindo como promoción de artículos de consumo. Foi disciplina olímpica no 1996. É moi criticable a imaxe sexista que se da neste deporte, cando é xogado con prendas mínimas incómodas, unha imaxe da muller poseedora doutros encantos que non son os deportivos.

O volei Praia xógase esencialmente igual que o voleibol. Un xogador comeza o xogo sacando ao campo contrario. Cada equipo pode golpear o balón 3 veces ata devolvelo por enriba da rede. Non se pode facer retención coas mans, nin tocalo dúas veces consecutivas, pode golpearse con calquera parte do corpo. O punto pérdese se o balón cae no noso campo, se non pasa ao outro campo, ou cae fora, ou se tocamos a rede co corpo. Xogada básica:


Sería moi chulo ver máis moz@s de Zalaeta xogando no Orzán a volei praia!! A ver que decide a dirección e o claustro de profesorado en relación a esta proposta de facer unha hora de volei en 1º , para fomentar unha cultura do ocio baseada na práctica de hábitos saudables.
Que opinión tedes vos?  En 2º faríamos outras actividades con patíns, skates, bicis en interior e percorridos na natureza, incluíndo prácticas de escalada, piragüismo, ultimate, surf…

1º e 2º ESO: HÁBITOS SAUDABLES


2º BACHARELATO: EDUCACIÓN CORPORAL INDIVIDUALIZADA


Gustaríache, ou non, ter unha hora máis de actividade física no insti?



Recordamos: MARTES 12 DE MAIO, as 18:15´ 
no Salón de actos
 CHARLA SOBRE NUTRICIÓN cun pai que é médico.


La OMS en las Asambleas Mundiales de la Salud en 2004 y en 2011 promueve la adopción de medidas mundiales, regionales y locales destinadas a mejorar las dietas e incrementar la actividad física.

Reconoce la importancia crucial de reducir el nivel de exposición de las personas y las poblaciones a dietas poco sanas y al sedentarismo. 

En la Asamblea Mundial de la Salud de 2012 los países acordaron trabajar para frenar cualquier futuro aumento de la proporción de niños con sobrepeso. Esta es una de las seis metas mundiales sobre nutrición. Si se mantienen las tendencias actuales, el número de lactantes y niños pequeños con sobrepeso aumentará a 70 millones para 2025.

- Sin intervención, los lactantes y los niños pequeños obesos se mantendrán obesos durante la infancia, la adolescencia y la edad adulta.

- La obesidad infantil está asociada a una amplia gama de complicaciones de salud graves y a un creciente riesgo de contraer enfermedades prematuramente. Consecuencias: Los niños obesos tienen más probabilidades de desarrollar una serie de problemas de salud en la edad adulta: cardiopatías, resistencia a la insulina signo temprano de diabetes, trastornos osteomusculares especialmente artrosis, algunos tipos de cáncer y discapacidad.
Prevención de la obesidad infantil

- El sobrepeso y la obesidad son en gran medida prevenibles. Las políticas, los entornos, las escuelas y las comunidades son fundamentales, pues condicionan las decisiones de los padres y los niños, y pueden hacer que los alimentos más saludables y la actividad física regular sean la opción más sencilla (accesible, disponible y asequible), previniendo, así, la obesidad.

Los niños en edad escolar y los adolescentes deben:
- Limitar la ingesta energética procedente de grasas y azúcares;

- Aumentar el consumo de frutas y verduras, así como de legumbres, cereales integrales y frutos secos;

- Realizar actividad física con regularidad (60 minutos al día).

A boa educación protexe fronte condutas pouco saudables, fronte enfermedades físicas e psíquicas: 
Se lles ensinamos a afrontar o bombardeo publicitario, e as manipulacións que van sufrir  farán un consumo máis responsables e máis libre. Non é máis feliz ó que máis ten, por exemplo o último móbil, nin quen ten ó o corpo máis musculado, máis moreno, ou máis delgado…


Se na escola educamos aos nen@s para ser felices, para que podan saber facer cousas interesantes no seu tempo libre. Estaremos rachando coa idea de que fumar, sair de noite, emborrarcharse, e seguir as tendencias da moda e o culto exterior ao corpo son a mellor vía para ser felices.







E se a isto engades non almorzar ben , alimentarte mal, non facer actividade física, tomar drogas legais ou ilegais... estás nunha franxa de alto risco de perder a túa saúde e liberdade!!