Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 24 de agosto de 2016

Verdadeir@s deportistas nuns XOGOS OLÍMPICOS...

A motivación para facer deporte, chegues a onde chegues, está nese proceso de superación persoal; darte valor asumindo retos e loitando polo que desexas conseguir na vida.
"Detrás de cada liña de chegada,
 hai unha de partida, 
detrás de cada logro,
 hai outro desafío"...  (Madre Teresa de Calcuta) 

O verdadeiro espírito do deporte, a súa esencia, baséase nos principios de saúde, valores éticos,  superación persoal, solidaridade, elegancia, educación. Nunha olimpiada do S.XXI priman outros intereses: facer espectáculo e diñeiro... aínda que tamén hai momentos conmovedores...
                           
Espallemos Leccións de corazón e mellor  educación se queremos facer un mundo máis humano, tranquilo e agradable...



Ser o humano máis rápido do mundo e dar espectáculo, quere dicir que corres máis rápido que ninguén e que vas sobrado e con corpo para sobreactuar e posturear... 




OLIMPISMO, chandall, olivo... dende os heroes gregos, e o romántico barón Piere de Coubertain, ata os de hoxe en día...
http://cultura.elpais.com/cultura/2016/08/02/actualidad/1470163194_683982.html

Rachando coa idea de que as nenas fan deporte como "nenazas"... Aínda que na ESO hai máis nenos que nenas que fan deporte... Por que? RÍO 2016: Máis mulleres e máis competentes...

http://elpais.com/elpais/2016/07/21/media/1469128595_695055.html
Deterioro da credibilidade do COI, federacións, políticos... todo vale, codicia, corrupción, sospeitas, doping, cinismo nun mundo globalizado hipercompetitivo, e o seu espello o deporte 


Localiza unha imaxe ou vídeo dun deportista destes xogos olímpicos e gárdaa na túa capetiña de Educación Física no escritorio, co nome de arquivo: Río 2016. Fai un pequeno guión para facer unha exposición de 3´. Tes que contarlle aos teus compañeir@s que deporte e historia detrás dese deportista chegóuche máis, deixóuche máis pegada, fíxoche vibrar, emocionar, alegrar, chorar...
 Ponlle un título que teña gancho, exemplos de títulos de xogos xogando coas palabras:
 "Brasil: con máis glorias que penas"
 "Ritos e retos dos deuses olímpicos"
 "Audacia e audiencia televisiva"
 "De Comanecci a Bayle, ou do branco e negro ao color"
 "Javier Noia vivindo o triathlon sentado nun sofá..."
"De tal palo tal astilla"
Poñamos ollo nas nosas supernenas:  Mireia Belmonte, Carolina Marín, Malalen Chourrant, Ruth Vieita, Eva Calvo, Lydia Valentín, Teresa Portela... as chicas de rítmica, baloncesto... cada vez máis e mellores... PARABENS!! Se o Barón Piere de Coubertein levantara a cabeza... se sacaría o sombreiro...ja,ja

 Sen duda Simon Biles deslumbrounos no ámbito deportivo e humano



 A ximnasia artística permitíulle sobrepoñerse a unha dramática infancia,  sendo todo un exemplo de superación... Sabes ó que é un Biles?  http://elpais.com/elpais/2016/08/12/videos/1470991959_132202.html 

                                        Admiración e adolescente cun móbil na man... ja,ja
A quen admiras ti?
Cales son os teus ídolos?
Cales son os teus soños?
Eles admiraban a Michael Phelps o tiburón de Baltimore... Agora el tamén lle firma autógrafos...
 Hai que ter cuidado cos soños, as veces...