Peregrinación ao santuario do Petón...
Grazas aos AMIs Mariquiña, Félix, Elena e Chicho por transmitirnos en pequenos grupos as claves da ESCALADA DEPORTIVA e facernos felices nas alturas. E a Kanka e Rozalén por facer estas cancións "para nós..."
Es quen de superar medos? Que che fai feliz?
Foi moi bonito sentir comunicar a Félix a súa paixón polo fascinante mundo da montaña. Contóunos aventuras e desventuras que foron xurdindo na súa última gran expedición ao Himalaya na India, ao Thalay Shagar. Facendo reflexións deportivas e máis sobre a procura da consecución da felicidade e a realización persoal... A ter moi en conta nesta etapa vital da adolescencia. Contestando as preguntas que lle facían os nen@s dende a humanidade e humildade cun profundo respecto a natureza dentro da cal os seres humanos formamos parte dela.
AMI:
http://amimontanismo.es/tag/felix-criado/
Non vos perdades o vídeo da Expedición Talay Shagar 2015:
Video Expedición K2 2013:
Video India para ver Talay 2011
Video Expedición Pilar Oeste Makalu 2005
outros mundos posibles...
Alguén que sabe estar a altura e nas alturas...
Se queres algo ao sofá de casa non vai vir...
Busca en ti mesm@? De que queres encherte? Como queres medrar?
Que fas para ser feliz??
Queres abandonar a pasividade, medos aos cambios, preguiza...
Neste programa de Rtve2 TIPS podes ver a maneira de visualizar cales son as cousas que tes que cambiar na túa vida para sentirte máis satisfeit@ e destemid@!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.