Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 21 de mayo de 2017

Ánxela Blanco con "Ulises e a nena durmida"

Dende a programación Expandida do TRCDanza 2017 e con motivo da presentación de
 "Ulises e a nena durmdia" de Ánxela Blanco, 
tivemos a gran sorte de contar, por ser centro cómplice, con este
 pedazo de muller artistaza; a moi brava Ánxela Blanco!! 

Aos deuses do Olimpo, a forza épica da Odisea, a beleza e poesía dos mitos... tamén hai que poñelos en "tela" de xuizo. Como ese pano que facía e desfacía Penélope, para manter alonxados aos seus pérfidos pretendentes... 
Nós da man de Ánxela imos desfacer algún concepto do corpo, e do uso que lle daban as mulleres en Grecia e que hoxe en día
 non estamos dispostas a asumir... 

Ánxela antes de presentarse no Teatro Rosalía de Castro, e deixarlle claro ao público que non a coñecíamos, quen é ela, por que?? e como?? reinterpreta a Odisea,  e sobre todo despois que...???
 As mulleres, temos que seguir asumindo papeis secundarios?? Vendo pasar a vida en espera dos protagonistas que son os homes, que son os heroes? Non sendo donas dos nosos corpos ...

A ver, ós que estivemos alí véndoa, quedamos abraiados. O comezo é brutal, pensas como poderá esta muller soa no escenario manter este nivel ao longo de toda a obra... e faino!!
Hai tal lotaso de momentazos de alto impacto visual, outros sublimes, outros  dunha enerxía bestial, outros onde pendurada abanéase e recrea, soña... outros de alto contido sexual, enorme elegancia, guiños de humor... é que hai de todo nesta viaxe de volta a casa con Ánxela...

Pero, antes de deixarnos boquiabertos e coas mans cansas de brindarlle sinceiros e admirados aplausos, estivo en Zalaeta nunha clase de 3º ESO... e a través da expresión e comunicación corporal,
achegóuse aos seus corpos, mentes e emocións......
 Porque as veces non somos conscientes de que somos un corpo, e que no corpo de cada un de nós hai moitos corpos... que ignoramos ou agochamos...
 corpo- poder corpo- máscara, corpo- comunidade, corpo- colonizado, corpo- mítico... A xulgar polas caras de complicidade no grupo o reto que vos propoñía Ánxela estaba sendo aproveitado,
 a gusto nos vosos corpos...
A adolescencia é unha etapa clave no desenvolvemento da personalidade, é un momento de elixir como quero ser de maior, é un momento de cuestionamento, de trasformación...
 Por iso é tan chulo que alguén veña a facernos reflexionar sobre a identidade sexual, os roles, os mitos... e todo traballado e vivido na aula, meténdose cada un no seu corpo, sentíndoo, e tratándoo ben!!!
 Porque as narracións míticas gregas e as lendas bíblicas son a fonte ou a cuna da nosa civilización occidental, hai que coñecelas, gustar delas, preservalas, tamén saber interpretalas...
 Que sente Penélope cando Ulises o rei das tretas, ese "nadie", ese que non se deixa engaiolar por cantos de sirenas.... di que volve pronto, e non da chegado...
 Pois se queres sabelo vai ao Teatro e mira como ou que elixe Ánxela desta epopeia, e dar presencia a Telemáco, Circe... Cada quen ve... ti que viches??
 E por se fora pouco, Ánxela volverá ao instituto para darnos máis que pensar e agradecer...
 GRAZAS a Ánxela e a todo o grupo de creativos e expansivos, que fixestedes posible que unha obra como ista, enorme!!!!! non só sexa interpretada nun teatro, se non que sexa levada aos moz@s dos institutos

Neste enlace podedes ver o Pre texto... quedádevos con esta páxina e ao tanto de próximas estreas na nosa cidade de DANZA CONTEMPORÁNEA!!


                                                GUAPA!! BRAVA!! xa sabes, porque así cho fixemos saber no teatro, en Zalaeta somos fans, fans, pero que moi fans túas!!!

E esas nenas que viron Danza Contemporánea por primeira vez... Seguro que marcharon para casa con moitas cousas que contar... porque alí enmudeceron, non é de extrañar, alí eras moi moi grande, enorme!!!!! Así que xa cho contarán no insti... cando volvas estar a súa altura...ja,ja

GARZASe cóntalles canto tempo traballas ao longo dunha semana, para poder ter ese corpo-dourado... É un pracer enorme coñecerte!!


miércoles, 17 de mayo de 2017

Indispensable en SURF: Sentirse moi feliz!!

Onde a cidade acaba e comeza o océano... hai tanto que sentir:
A maxia salta e chega a onda!!
 Miradas atentas que non queren perderse o empurre, aí ven a serie, estamos no xusto momento e no sitio preciso, rema, rema, arriba, arribaaaa!!!!!!


Coma sempre imos coa marea baixa, poñemos rápido o traxe, porque xa nos tarda ir coller as ondiñas, que hoxe estaban pequenas, aproveitámolas todas!!

Marina, hoxe soubemos de ti pola prensa:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/05/19/surfeando-olas-vida-ciegas/0003_201705G19P28992.htm
xa che faremos chegar a nosa admiración e ánimo!!
 Serás invidente para afora... porque para adentro ves estupendamente!!
Nós estamos tamán con vivencias surfeiras e hai nen@s que rexeitan vir facer surf...
 e co teu exemplo ao mellor se lles pasa a miopía psicolóxica...
 és unha aloitadora!! enorme!! campiona!!


O día que foron os de 1ºC, estaban increibles... as veces viñan cheas mimadriña...
Grazas a mamá de Iria por estas fotos que nos fixo, que se vexa que sodes uns valentes!!
                                     Era dificil chegar coa táboa arriba, tiñas que levantala
                                           Con coidado para non atravesar a táboa a onda
                                                    Intentando poñerse de xeonllos...
En pé só podía facelo Diego, hoxe coa súa táboa estivo pelexando e dándoo todo na onda!!

Diego é o único neno en 1º ESO que fai surf en Zalaeta, 
de momento... Por 10€ ao mes, se aprobas todo, se non 15€, poderías dispoñer de clases de surf!!! para saber máis de material, praias onde surfean... mira a páxina e pregúntalle a Fran de Namarea, sería moi chulo sacar un grupiño de surfeir@s desta promo de 1º ESO
... sabedes que estamos argallando unha BLUE WEEK...?? 

 E o noso alumnado de 1º que foi a León, fixeron sentir a Raquel e Elena que da gusto querer medrar en todos os sentidos... Foron moi receptiv@s, sabendo aproveitar as oportunidades de aprender na vida falar inglés e máis de pasalo ben rindo, bailando, escalando, tirando con arco... beee beeeeen!!!!







Practicando vida saudable e nutritiva, coidando do noso ortiño, prantando aromáticas,
ricas leitugas, tomatitos, ceboliños... 
regando prantas e caras colorás...ja,ja






 Aguitaaa, NO WATER, NO LIFE!!

Cando volvemos facer surf, e piragüismo??
A organizarse ben o fin de curso para sentirse en forma e competentes para o sprint final...


jueves, 4 de mayo de 2017

ESCALANDO fora e pintando a mona... dentro!!

Sacando para afora instinto silvestre... Pechados entre catro paredes o aire acaba por viciarse... Imos  enchernos de vitamina "N" de NATUREZA osíxeno renovado ao aire LIBRE, ou OUT DOOR!!


Os AMIS Mariquiña e Félix expandendo boas prácticas de iniciación a ESCALADA


     










DEPORTE ESCOLAR NA NATUREZA:
MOBILIDADE EN BICICLETA, ESCALADA EN ROCHA (AMI)
SURF (NAMAREA) , PIRAGÜISMO (SD AS XUBIAS en Oza)



Principio de integración

PARA ESTAR SAN PRACTICA HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES E DIVÍRTETE!!. Para estudar con maior facilidade e rentabilidade hai que procurar estar san e sentirse feliz!!
HÁBITOS SAUDABLES: Descanso, alimentación variada e equilibrada, hixiene postural, vida activa, pensamento positivo, intelixencia emocional para ter criterio propio, VITAMINA "N" de natureza, actitude responsable e autoestima para evitar: evadirse consumindo substancias nocivas para a saúde, presión de grupo, facer cousas inconvenientes para ir de “guay”, desexar bens materiais imprescindibles para pertencer a un grupo de “éxito”, imposición moda e estereotipos... o duro que é sentirse de nen@ “patito feo” cos medios e redes sociais cheas de supostos “cisnes”...

Principio de
contextualización e
participación
TRASNFERIR A VIDA O APRENDIDO. Aproveitar a contorna próxima para crear ou reforzar hábitos saudables e de sostenibilidade medioambiental, aprendendo actitudes para a vida. Contextualizar o aprendido inter actuando a “tribu” nos distintos ámbitos: escolar, familiar e social de barrio e comunidade. Ter en conta motivacións e gustos. Asumir un rol activo, implicándose no grupo con iniciativa e autonomía. Tratarse con amabilidade, preocuparse polos demais,  cooperar, polo benestar persoal e social.

Principio de    pluralismo     metodolóxico e  reflexividade
MÉTODOS ACTIVOS, INCLUSIVOS E PROACTIVOS. PRÁCTICA VIVENCIAL E REFLEXIVA, ser curios@s para poder saber, analizar, relacionar ideas e saberes, interpretar, deducir, manexar a información e procurar facer xuízo crítico. Ser capaces de estruturar o aprendido, facer exposicións orais ou vídeos entendendo: Por que? Que? Como? E despois que? de todo ó que facemos. Onde podes seguir facendo surf ou indo a montaña.

Principio de transparencia na avaliación das   aprendizaxes
AUTOAVALIACIÓN, partindo dos criterios de avaliación concretados es standares, e diversificando instrumentos de obtención de datos e avaliación. Tomaremos conciencia de cal é o noso estado de saúde e intelixencia emocional, de cales son os nosos puntos febles e fortes ou dominio acadado, e do conveniente que sería que mellorásemos algúns dos nosos hábitos e actitudes ante os retos da vida.

Unha cidade. case illa, incrustada no océano...
"Ser de Coruña é coñecer o vento con sabor a mar que bate no espigón..."

Ser de Coruña é sentirse un pouco peixe... "É aprender deses homes e mulleres que lle botan agallas a vida"
 Que é ser de Coruña para ti...?

E que é ser de Zalaeta para ti...?
  Pintar a mona...?? 
Para que o instituto sexa un espazo de convivencia saudable...
Fagámolo bonito!!: Comunidade educativa, familias, colaboradores comprometid@s...
                            Porque o cemento, a suciedade, o descoido e a fealdade endurecen
                         Porque a natureza e a beleza humanizan, embelecen, e engrandecen!!
                               E para que sexa respectado, querido e mimado por tod@s!!
 Pintémola mona tod@s...
Mellorando a contorna do insti, do barrio, da cidade
Comunidade ou tribu...
Loitando por un bo vivir!!
Fortalecéndonos xuntos ante os múltiples retos deste século de tan complicado e cambiante...
MOTIVANTE!!
GRAZAS!!
    Pintando a mona...ja,ja
E sementando outras ricuras...
Creando PRODUTOS de Galicia calidade!!
 EDUCANDO para a VIDA!!
Para que pinte bonita!!

Despois que ninguén diga que este equipo Directivo non curra... 
GRAZAS POR DIGNIFICAR ESPAZOS!!
estaban que se caían a pedazos... 

  • MÁIS AMABLES MÁIS SALUDABLES: A amabilidade é unha fonte inagotable de recursos que conducen ao éxito. Fainos máis fuertes, máis sans, máis felices, máis seductores e máis creativos. En tempos de crise, mellor derrochala que recortala...
  • Máis endorfinas practicando VIDA SAUDABLE e AMABLE!!

Para quenes van ser os próximos premios brochetas de froitas?? Vos diredes...