Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 30 de agosto de 2017

SURF: Mares soñados nas PAREDES!!

Galeg@s amantes do mar, quen foi a  exposición de Urbano Lugrís na Afundación? se aínda nos fostes, vai!! non quedes sen deixarte levar por esas ondas que son como lúas... que decoraban paredes dende tabernas a Igrexas...

“Son profundamente galego; polo tanto, cun mundo imaxinativo bastante rico: o da nosa raza. Pinto en galego, razón pola que non podo ser realista”...

Todo o edificio da Afundación de Abanca, xa de por si increible por esa innovadora reinterpretación das nosas tradicionais galerías... agora hai moito mar, moito ceo, racholas de sol entre nubes, estrelas, faros, áncoras, barcos, monstruos mariños, baleas, rosas dos ventos, cunchas e buguinas, santiños...
Moitas apertas atlánticas, moito Lugrís!!


Exhaustivo proceso: investigalo, transportalo, colocalo de novo e restauralo... Agora este mural rescatado será conservado!!

Estes dous paisaxes está dentro de pinturas... esta expo podes facela como un xogo, 
hai moitas pistas que seguir...
                            

O mar inspirando as nosas vidas, a arte...
"Verbas ao mar"...      MANUEL MARÍA.
Esta tarde están baixas as nubes
e é a cor do mar como a da cinza.
Os berros salvaxes das gaivotas
semellan coiteladas
que fan escoar o corazón da tarde.
Hai quen trabuca doadamente
a mensura do mar coa inmensidade.
Eu de min só sei dicir
que o mar comeza no meu sangue.
O que non sei é se o mar caberá na miña alma.

O mar inspirando retos personais e deportivos...

Das paredes de Lugrís as paredes ou ramplas das ondas para deslizarnos e soñar...

Seguiremos neste novo curso facendo surf en 1º ESO (máis bici, escalada, piragüismo...)
e os de 2º ESO poderán ir a un campamento de SURF no Art Surf Camp de Razo


 1ª BLUE WEEK en ZALAETA!! 


Blue Week  6 días e 5 noites de Surf e inglés.
Instalación: Art Surf Camp, na Praia de Razo  www.artsurfcam.com.

Destinado a alumnado de 2º ESO.      Máx. 40        Datas do:  1 – 7 de Outubro de 2017

SE É POSIBLE NESAS DATAS, INFORMÁMOSVOS A TRAVÉS DOS VOSOS FILL@S, NUNHA XUNTANZA..

Departamentos implicados: Inglés e Educación física. Profesorado: Conchi, Jay e outro profesor/a interesado en desenvolver cos nen@s de 2º estos contidos prácticos.

Obxectivos: Proxecto interdisciplinar para consolidar alternativas de ocio saudables nos nen@s que o curso pasado fixeron deporte na natureza en horario lectivo na ALC: Práctica de hábitos saudables. Aprenderán a surfear ondas nun nivel de iniciación  incidindo no respecto a natureza e normalizando  a comunicación en lingua inglesa. Cando o alumnado chegue de volta a casa e instituto será capaz de contar o máis destacable do vivido e aprendido en inglés, alí fará un pequeno diario nesa lingoa.

Requisitos: Imprescindible ter aprobado as materias de EF e inglés de 1º, o alumnado comprométese a practicar escoita activa, comprensión e conversa en inglés con Jey. Tamén deberá asistir as reunións previas, entregar documentos en prazo e coñecer e asumir a normativa de actividades extraescolares fora do recinto escolar. A volta terá unha boa actitude ó que lle permitirá poñerse ao día en todas as materias.  

Prezo por alumn@: 195´25 € máis 4´75€ do transporte. Total: 200€. O prezo inclúe:
  • 5 noites de aloxamento en habitacións de 4/6 prazas
  • Pensión completa (o primeiro servizo de comedor comeza o almorzo do luns)
  • 5 clases de surf de luns a venres (dúas horas ao día con instructor)
  • Surf tutelado pola tarde por monitores do equipo
  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil
                                                               PROGRAMA COMPLETO

Todo nen@ que lle guste surfear temos que facilitarlle oportunidades para que poda facelo, o surf transmite valores moi necesarios para unha boa educación e
 temos a Praia do Orzán  a 3´- 4´do noso instituto!!

En breves publicaremos as datas das prácticas de Surf para o curso 2017-18 no Orzán con Fran de Namarea e que as boas olas acompáñennos!! 
Este curso tamén contaremos coa colaboración de Nacho de GaliSURF
 http://www.escuelasurfgalicia.es/galisurf