Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

miércoles, 7 de febrero de 2018

XOGUEMOS a sentir, estamos viaxando!!

Cal é o berce da nosa cultura occidental??
Agradecemos a complicidade de Laura, educadora do Museo de Belas Artes, polas súas achegas tan ricas que nos axudan a facernos máis preguntas... 
Observamos un Hércules nada convencional, vello, co seu canciño uliscando un molusco e mancha todos os morros de cor púrpura… "O descubrimento da púrpura" nunha praia de Tiro.
Como é a cidade? que construcións chaman a atención?



Hercules é unha figura moi representada, porque simbolizaba o poder, a fortaleza, o valor… polo que todos os reis  sentíanse moi identificados con el…


No cadro non vemos ningunha Murix Brandaris ou cañadilla, pero si Hexaples trunculus... a cuncha que ten o can é demasiado grande e non se corresponde con ningún tipo dos murex, pensamos que é un recurso pictórico...
Aproveitamos para ensinarlles unhas cunchas deses moluscos gasterópodos dos que obtiñan o pigmento natural, para tinguir unha túnica dun 1 Kg mezclábase 1´4 grs de tinte con auga e precisaban 10.000 moluscos... era carisima, só os poderosos podían darse ese luxazo...
  Os nen@s cos ollos vendados recibían toda a información dos seus compañeir@s e logo reproducían mental e corporalmente todo ó que escoitaran. 
Laura aquí contándolles tipos de aglutinantes para fixar os pigmentos 
e que perdurasen no tempo...
Este cadro pertence ao Museo do Prado, é da serie Torre da Parada, que lle encargan a Rubens, quen fai os bocetos e axúdano outros mestres da escola flamenca.
 Porque se rifaban os cuadros de Hércules os Austrias?  Quenes foron? Cómo vivían? En que creían? A que pintores lles facían os encargos?Que tipo de encargos? Con quen casaban e a que idade? Que comían? Que roupa estaba de moda? Como criaban aos fill@s...?
O exemplo do corsé e de vendar aos nen@s era unha moda e tamén unha aberración.

Puxémonos diante dun momento da historia, María Luisa de Orleáns. Este retrato foi enviado a Carlos II despois de concertar o matrimonio en calidad de prometida. O rei parece ser que quedou moi gratamente impresionado e casaron, pero non quedaba embarazada... 
A quen culpaban se o Rei non podía concebir fill@s?
Esta muller sufríu tamén  acoso do machismo imperante 
 cantábanlle isto botándolle a culpa:


"Parid, bella flor de lis,
en aflicción tan extraña,
si parís, parís a España,
si no parís, a París."


Logo Carlos II volveu casar con outra, e como era de esperar dado o seu decadente estado físico e psíquico...  tampouco lle deu descendentes, polo que aquí acabou a dinastía dos Austrias  e comezaron os Borbóns...  Noutro retrato posa Felipe V... seguramente a alguén lle soa Felipe VI?. Agora tinguimos as canas... pero naquel momento a cor branca do pelo era un símbolo de poder... 



Dende que os humanos botámonos a andar fai máis dun millón de anos, fomos creando mitos, deuses e referentes para non sentirnos sós, para curarnos de sustos, perplexidades, desacougos, medos, absurdos... Por que hoxe en día hai museos? Para que serven? O MUSEO DE BELAS ARTES mola? Que atopou Hércules co seu can nesta cidade con praia, porto de mar, un faro...? 



'QUIÉNES SOMOS?, DE DÓNDE VENIMOS?, A DÓNDE VAMOS?'

¿Cuándo fue el Gran Estallido? 
¿Dónde estamos antes de nacer? 
¿Dónde está el eslabón perdido? 
¿Dónde vamos después de morir? 
¿Qué son los agujeros negros? 
¿Se expande el universo? 
¿Es cóncavo o convexo? 

¿Quiénes somos? 
¿De dónde venimos? 
¿Adónde vamos? 

¿Estamos solos en la galaxia o acompañados? 
¿Y si existe un más allá? 
¿Y si hay reencarnación? 

¿Qué es el ser? 
¿Qué es la esencia? 
¿Qué es la nada? 
¿Qué es la eternidad? 
¿Somos alma? 
¿Somos materia? 
¿Somos sólo fruto del azar? 
¿Es fiable el carbono 14? 
¿Es nuestro antepasado el hombre de Orce?


Pola década dos 80 Siniestro total, un grupo galego facíase estas preguntas trascendentais... https://www.youtube.com/watch?v=-GEnuQCEeiE
E nós non temos todas as respostas, nin queremos enchervos a cabeza de datos ou que sexades un clon do que pensamos nós...

Estamos en proceso para a IV GALA ALABAILA, queremos que superedes retos creativos colectivos, que o pasedes ben e sexades capaces de pensar por vos mesm@s...

E que gocedes ese día moito, e que non deixedes de facervos moitas preguntas e perseguir as vosas respostas ou soños... estando agradecid@s de vivir que non é pouco, é todo...

Tod@s viaxamos polo tempo e polo espazo nesta nave espacial e especial chamada terra... 
Ninguén pode contar mellor que Carl Sagan cuan afortunad@s somos...

Morre STEPHEN HAWKING, O GRAN ASTROFÍSICO, DIVULGADOR E SUPERADOR DE BARREIRAS... 
Pode explicalo todo a razón?
"Las leyes de la ciencia bastan para explicar el origen del Universo. No es necesario invocar a Dios"
“La raza humana tendrá que salir de la Tierra si quiere sobrevivir”...


A humanidade ten necesidade 
dunha enorme forza construtiva e positiva. 
Temos que aprender a querer ben e a querer o ben, non só o ben propio... tamén o ben común, ou pensar en clave de humanidade...

Primeiro contáronos que o home viña do mono... cousa máis que probable vendo quenes e como gobernan o mundo na actualidade... no seu momento Charls Darwing sufríu acoso... tunearon a súa cara ata na botella de anís el mono...
Confirmado que eramos primos, non víñamos da mesma rama, faltaba por encaixar o eslabón perdido, que algúns atopaban ata facendo trampas...    http://www.nationalgeographic.com.es/historia/actualidad/el-hombre-de-piltdown-uno-de-los-mayores-fraudes-cientificos_6879

A pesar da aportación que fixo "Lucy" ao coñecemento da evolución... Da mona chita non se falou ata as películas do gran nadador olímpico Johny Weismuller... a penas había mulleres nas olimpiadas, nin en outros moitos sitios... a muller daquela mellor en casa, na cociña, caladiña ou en misa... ou non...  Jane Goodal optou por ser unha muller monisima pero nada convencional http://www.janegoodall.es/es/etologia.html

 Grazas a Estíbaliz https://estibalizespinosa.com/ resultóunos moi agradable escoitala falar de poemas, artigos, libros e máis sobre ciencia, mulleres... tamén da tristura que da saber que os nen@s de hoxe en día non teñen a oportunidade de ver a vía láctea...  (Fotografía de Oscar Blanco)

 
 Contóunos curiosidades de vidas de mulleres científicas silenciadas e agora reivindicadas:  https://mujeresconciencia.com/categoria/vidas-cientificas/ 

"Mujeres de la ciencia: Han estado siempre, en todas las ciencias y a todos los niveles. Pero no las vemos, la historia se ha encargado de esconderlas. Han vivido, y todavía viven, a la sombra de sus colegas, relegadas por las élites intelectuales de cada época. Es el momento de que ocupen su lugar en esa historia"
http://www.abc.es/ciencia/abci-mujer-y-nina-ciencia-ocho-cientificas-asombrosas-cuyo-merito-llevaron-hombres-201802091740_noticia.html

https://elpais.com/especiales/2018/mujeres-de-la-ciencia/

https://www.acalexandreboveda.gal/dia-internacional-da-muller-na-ciencia/

Se pensas que isto non é así que son esaxeracións mal intencionadas das feministas...


Unha iniciativa moi refrescante: "Una expedición de 76 investigadoras viaja al continente más Austral de la Tierra para estudiar el cambio climático y reivindicar el papel de la mujer en la ciencia. Las participantes han sido seleccionadas entre más de mil aspirantes y son profesionales de casi todos los ámbitos de la ciencia: astrónomas, físicas, ingenieras, médicas, especialistas en el Ártico y la Antártida, matemáticas…"
 https://elpais.com/elpais/2016/12/15/ciencia/1481825367_887557.html

Un libro para descubrir relatos inspiradores
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes - Elena Favilli, Francesca Cavallo - Sinopsis y Precio | FNAC
Exposición imperdible: "Muller tiña que ser" no Ágora en marzo e no Fórum en abril:
http://edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2017_2018/programas_educativos_doutros_servizos_municipais/descubrir_os_libros/visitas_escolares_a_exposicion_muller_tina_que_ser

Estíbaliz acaba de publicar un libro moi moi apetecible, celebrémolo, leámolo!!
 https://estibalizespinosa.com/poemas/%E2%98%9E-curiosidade/

 Ó que queremos dicir, sen que se ofendan os simios,
 é que queremos facer un mundo mellor entre tod@s!!
Porque ser feministas non é crerse mellor que os homes, nin estar en contra deles, nin da vida ou da familia... nin amargadas, nin feas, nin resentidas...

E menos chapar e menos soberbia porque aínda sabemos ben pouco da orixe da humanidade, da materia oscura, dos multiversos da física cuántica ou do cerebro...  máis ciencia experimental con conciencia e fusión entre literatura-ciencia-poesía-música-danza... para tod@s!!


Nesta liña de facernos preguntas e que cada quen saque as súas conclusións para levar eses pensamentos ao escenario, estamos facendo unha unidade didáctica de indagación chulisima: 
"SOMOS LUZ...SOMOS REFLEXO"


Exemplo dunha danza barroca chea de teatralidade e grandilocuencia...
 mira que iban estirad@s...e os "tíos" con tacones e perruca definitivos...
E ti, gozas bailando e cambiando de parella en baile social en clase de EF? Como vos foi ao voso grupo creando os bailes actuais? Superados por tod@s mínimos, e elexidas as mellores ideas por grupo, agora mellorándoos. Verémolos na IV Gala ALABAILA

  

Calquera que sexa o teu eneatipo principal e relacións con outros (segundo Borja Vilaseca), andas máis pola banda luminosa ou polo lado obscuro? Coñecernos axuda a aceptarnos a nós mesmos e aos demais!!