Cando voltaremos A MAR?

Cando voltaremos A MAR?
TVG: O surf chegou a Zalaeta!

domingo, 21 de mayo de 2017

Ánxela Blanco con "Ulises e a nena durmida"

Dende a programación Expandida do TRCDanza 2017 e con motivo da presentación de
 "Ulises e a nena durmdia" de Ánxela Blanco, 
tivemos a gran sorte de contar, por ser centro cómplice, con este
 pedazo de muller artistaza; a moi brava Ánxela Blanco!! 

Aos deuses do Olimpo, a forza épica da Odisea, a beleza e poesía dos mitos... tamén hai que poñelos en "tela" de xuizo. Como ese pano que facía e desfacía Penélope, para manter alonxados aos seus pérfidos pretendentes... 
Nós da man de Ánxela imos desfacer algún concepto do corpo, e do uso que lle daban as mulleres en Grecia e que hoxe en día
 non estamos dispostas a asumir... 

Ánxela antes de presentarse no Teatro Rosalía de Castro, e deixarlle claro ao público que non a coñecíamos, quen é ela, por que?? e como?? reinterpreta a Odisea,  e sobre todo despois que...???
 As mulleres, temos que seguir asumindo papeis secundarios?? Vendo pasar a vida en espera dos protagonistas que son os homes, que son os heroes? Non sendo donas dos nosos corpos ...

A ver, ós que estivemos alí véndoa, quedamos abraiados. O comezo é brutal, pensas como poderá esta muller soa no escenario manter este nivel ao longo de toda a obra... e faino!!
Hai tal lotaso de momentazos de alto impacto visual, outros sublimes, outros  dunha enerxía bestial, outros onde pendurada abanéase e recrea, soña... outros de alto contido sexual, enorme elegancia, guiños de humor... é que hai de todo nesta viaxe de volta a casa con Ánxela...

Pero, antes de deixarnos boquiabertos e coas mans cansas de brindarlle sinceiros e admirados aplausos, estivo en Zalaeta nunha clase de 3º ESO... e a través da expresión e comunicación corporal,
achegóuse aos seus corpos, mentes e emocións......
 Porque as veces non somos conscientes de que somos un corpo, e que no corpo de cada un de nós hai moitos corpos... que ignoramos ou agochamos...
 corpo- poder corpo- máscara, corpo- comunidade, corpo- colonizado, corpo- mítico... A xulgar polas caras de complicidade no grupo o reto que vos propoñía Ánxela estaba sendo aproveitado,
 a gusto nos vosos corpos...
A adolescencia é unha etapa clave no desenvolvemento da personalidade, é un momento de elixir como quero ser de maior, é un momento de cuestionamento, de trasformación...
 Por iso é tan chulo que alguén veña a facernos reflexionar sobre a identidade sexual, os roles, os mitos... e todo traballado e vivido na aula, meténdose cada un no seu corpo, sentíndoo, e tratándoo ben!!!
 Porque as narracións míticas gregas e as lendas bíblicas son a fonte ou a cuna da nosa civilización occidental, hai que coñecelas, gustar delas, preservalas, tamén saber interpretalas...
 Que sente Penélope cando Ulises o rei das tretas, ese "nadie", ese que non se deixa engaiolar por cantos de sirenas.... di que volve pronto, e non da chegado...
 Pois se queres sabelo vai ao Teatro e mira como ou que elixe Ánxela desta epopeia, e dar presencia a Telemáco, Circe... Cada quen ve... ti que viches??
 E por se fora pouco, Ánxela volverá ao instituto para darnos máis que pensar e agradecer...
 GRAZAS a Ánxela e a todo o grupo de creativos e expansivos, que fixestedes posible que unha obra como ista, enorme!!!!! non só sexa interpretada nun teatro, se non que sexa levada aos moz@s dos institutos

Neste enlace podedes ver o Pre texto... quedádevos con esta páxina e ao tanto de próximas estreas na nosa cidade de DANZA CONTEMPORÁNEA!!


                                                GUAPA!! BRAVA!! xa sabes, porque así cho fixemos saber no teatro, en Zalaeta somos fans, fans, pero que moi fans túas!!!

E esas nenas que viron Danza Contemporánea por primeira vez... Seguro que marcharon para casa con moitas cousas que contar... porque alí enmudeceron, non é de extrañar, alí eras moi moi grande, enorme!!!!! Así que xa cho contarán no insti... cando volvas estar a súa altura...ja,ja

GARZASe cóntalles canto tempo traballas ao longo dunha semana, para poder ter ese corpo-dourado... É un pracer enorme coñecerte!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.